 |
A relación co entorno social na crianza
“………entonces yo creo que hoy en día las mujeres no podemos parir solas, necesitamos apoyo, por que es un evento muy grande, y tomar la decisión de tener un parto natural requiere que no estés sola, no es suficiente con tener una partera que te acompañe, necesitas, realmente, toda una comunidad de personas que reconozcan que lo que estas haciendo no es solo lo correcto, si no lo mejor para ti y tu bebé……..y te vamos a acompañar. Sea tu panadera, tu vecina, tu madre……..sea gente que no ofenda la capacidad de las mujeres de creer que todavía somos capaces de parir……” Cristina Alonso Lord Máis alá do feito sanitario, estas verbas revelan unha visión de como tratar e comprender o proceso de nacemento en todalas súas facetas. Rodearse dunha sociedade que recoñeza, negocie amablemente, conteña e conforte, apoie e acompañe, entre outras cousas, podería ser un dos obxectivos a acadar nun proceso de vida natural, cunha aspiración de felicidade e liberdade. Quizais porque o noso bebé bule no ventre, sentimos máis que nunca presente o instinto da vida. Por iso nos damos conta do que queremos e do que non, vémonos abocadas en procesos que non podemos parar e nos provocan moito sofrimento........aprendemos que iso non é o que necesitamos para nós e para darlle ao noso bebé. Contándoo nos encontros, moitas veces con bágoas, aprendemos unhas das outras, e esa cualidade que levamos no mais fondo, a de ser seres sociais, é a que facilita esta trasmisión. De novo bebe, no profundo, móstranos o camiño. Somos moitas as que descubrimos que a transición ata o establecemento da nosa nova vida como nais, faise dun xeito moito mais fluída se contamos cun grupo. A preparación ao parto, o acompañamento no embarazo, as asociacións pro-lactación cubren aspectos sociais, máis alá de dar consellos. Son fontes de trasmisión da cultura do nacemento, do que pode significar o milagro da vida. E estaremos tanto tempo como dure a vida sobre a terra descubrindo e racionalizando, bebendo das nosas experiencias para servir, axudar, apoiar a cada muller e a cada bebé. E facémolo sen intermediarios, sen costes, con moitos beneficios e posibilidades de crecemento. Ao longo da historia, as familias vanse establecendo nuns dogmas, credos e doutrinas que o único xeito de renovar é incluíndo eses núcleos familiares noutros máis amplos que permitan contrastar, de xeito que poidamos recoñecer que o que no seu momento foi útil, deixou de selo. Sentímonos moi cómodas nas nosas casas unifamiliares, pero por estar soas, toooooooodo o peso da tradición recae sobre a soedade dos nosos costumes, e é saíndo de aí cara círculos sociais máis amplos como poderemos encontrar novos camiños para novos procesos de vida. Trataríase de apreciar máis e non de despreciar o que hai, de pasar polo filtro do noso sentido común consellos, comentarios, visións.......e comentalos entre nós, cos nosos bebés, e chegar a sentirnos no lugar que nos encontramos recoñecendo as nosas circunstancias, creando sociedades contemporáneas. Se deixamos de poñernos limitacións, a estratexia acerto-erro, lévanos a conexións coa nosa sabiduría propia da especie, e se compartimos estes descubrimentos aforramos moitos pasos na experiencia para acadar resultados que nos beneficien. Pero dende a humildade, porque o que hoxe sirve, mañá prexudica, o que a unha muller a frustrou a outra pódelle dar unha saída. E é así deste xeito como poderemos por fin escribir a historia as mulleres, para que outras fagan uso libremente das experiencias de todas. É verdade que non temos tempo para nada máis que para criar cando é o momento, pero cando falo de escribir, falo de trasmitir co sentido de verdade que teñen as nosas vivencias, directamente, sen intermediarios que interpreten os nosos sentimentos, do mesmo xeito que o bebé o fai con nós. Mirarnos no espello de xénero femenino sen que teña que mostrarnos unha imaxe que vén imposta por unha sociedade que nos mira belas pero incompletas.
|